REALIDADE AUMENTADA

A realidade aumentada (RA) é o termo que se usa pare definir a visión dun entorno físico do mundo real, a través dun dispositivo tecnolóxico. Consiste nun conxunto de dispositivos que añaden información virtual á formación física xa existente. A realidade aumentada é diferente á realidade virtual porque sobre a realidade do mundo físico monta unha realidade visual xerada pola tecnoloxía, na que se perciben dúas realidades.

A realidade aumentada ofrece infinidade de novas posibilidades de interacción, por iso, fai que esteña presente en moitos ámbitos como son a educación, arquitectura, o arte, a medicina... Existen múltiples aplicacións onde se utiliza a realidade aumentada como pode ser o xogo de entretemento Pokémon Go!.

Existen varias webs que falan da realidade aumentada en educación infantil, dous exemplos poden ser:


Esta web fala da realidade aumentada na educación infantil, de como os Mestres cada vez utilizan máis esta ferramenta para ensinarlles aos nenos e nenos as cousas dende outra perspectiva. Na web móstranse varias actividades que se realizaron en infantil a través desta innovación.


En esta web, explican a realización dun proxecto coa axuda da realidade aumentada, contando a súa experiencia dende unha aula de primeiro de infantil.

Despois de ler e informarme sobre o que é a Realidade Aumentada (RA) e as aplicacións que pode ter en educación infantil, ocurriuseme unha actividade para realizar na aula cos nenos e nenas de infantil.
A actividade que pensei foi que, para que coñezan mellor o corpo humano, tanto por fora como por dentro, que será ao que máis importancia lle demos, utilizar a realidade aumentada partindo da aplicación dun móvil. Sacámoslles fotos a cada un deles e, ahí aparecerán os órganos que temos e como se chaman, facendo así un aprendizaxe máis dinámico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario