ESTRUCTURA DE UN EDUBLOG


Dende o meu punto de vista para pensar na estructura ideal dun edublog, considero que existen dúas posiblidades: que o edublog sexa de todo o colexio ou que só sexa para unha clase dentro do colexio.

Si o edublog é de todo o colexio, considero que a estructura ideal deste sería estar dividido por cursos, e cada curso, dividido por trimestres, así será sinxelo buscar e colocar as actividades que se van realizando durante o ano escolar.
Si o edublog é só para unha clase dentro do colexio, considero que a estructura debe estar dividida en trimestres, así estarán ben organizadas todas as actividades realizadas, e será máis sinxelo manexar a información tanto para nós, como para as familias.
As actividades que incluiría no edublog, serían os proxectos realizados que teñan gran importancia nos nenos e nenas, como pode ser a elaboración do disfraz de carnavais, como foi todo o proceso, como o pasaron os nenos e nenas e o resultado deste.


No hay comentarios:

Publicar un comentario